O máis complicado convertese en sinxelo nas mans dun experto

Adaro Consultores é a asesoría fiscal, laboral e contable fundada no ano 1990 na Coruña e organizada arredor dun equipo de profesionais dirixidos por María Jesús Davila e César R. Carril.

Profesionalidade e confidencionalidade

A actualización dos nosos coñecementos ante os permanentes cambios na lexislación é a garantía para a prestación dun servizo adecuado. Tamén somos conscientes de que manexamos información confidencial dos nosos clientes, que temos que tratar coa maior discreción, polo que garantimos confidencionalidade absoluta.

Trato personalizado

Ofrecémosche dedicación exclusiva. O noso obxectivo é conseguir que te sintas, en todo momento, coma se foses o noso único cliente: fronte aos inconvenientes que suscitan outros despachos de maior tamaño, en Adaro Consultores coñecemos a fondo a todos os nosos clientes.

Servizo integral

A oferta de servizos que ofrecemos abarca todo o necesario para que o teu proxecto empresarial cumpra todas as obrigacións legais. Esta oferta se estrutura en cinco áreas de traballo, complementarias entre si, e adaptables ás necesidades de cada cliente: asesoramento fiscal, laboral, contable e xestoría / tráfico.

Tecnoloxía

Poñemos ao teu servizo unha zona privada na que podes acceder a toda a documentación da túa empresa en calquera momento e lugar.

Asesoría fiscal, laboral e contable

Todas as empresas estamos obrigadas a cumprir a lexislación vixente. A túa quizá xa o faga, pero é posible que queiras sacar o mellor partido á túa xestión contable ou que necesites asesoría fiscal e laboral completa e de xeito permanente.

Xestoría / Tráfico

Adaro Consultores dispón dos recursos necesarios para realizar calquera xestión en tráfico.